O noso manual Design Thinking: Guía de iniciación publicado pola Universidade de Vigo pode descargarse libremente en formato PDF, de acordo cunha licencia CreativeCommons 4.0. É posible distribuir o libro nese formato, pero débese dar o recoñecemento apropiado aos autores.
Creamos este manual co obxectivo de contribuír a fomentar unha actitude favorable á innovación responsable entre estudantes e profesionais relacionados dunha maneira ou outra coa innovación, e para inspirar ao profesorado na implantación de metodoloxías e instrumentos de aprendizaxe co obxectivo de fomentar o traballo en equipo, a innovación e a creatividade centrada nas persoas.
Tamén é posible adquirir o libro en formato físico por un prezo duns 10 euros, nos puntos de distribución habituais.