O Museo de Serralves, laboratorio europeo de deseño para atraer novos publicos a espazos culturais

Serralves acolle unha intervención de Desing Thinking do proxecto europeo ALLURE, no que participa o noso Grupo de Innovación Docente DESIRE, para deseñar espazos, aplicacións e iniciativas que melloren a inclusión e a participación de diferentes públicos no museo

O museo de Serralves e a Associação de Empresarios de Portugal (AEP) acolleron durante os pasados días 15 e 16 de decembro unha reunión transnacional do proxecto europeo Erasmus+ “ALLURE” (Alfabetización Liberadora: accesibilidade Universal en Recursos culturais para a Educación permanente). Este proxecto (allureculture.eu), composto por un equipo de profesionais multidisciplinares de países como Islandia, Portugal, España e Polonia, ten por finalidade coñecer a realidade da cultura en Europa desde a óptica da inclusión e a accesibilidade cultural, os retos que enfrontan e as posibles solucións a estes retos, produto do cal resultará unha aplicación informática para xerar información cultural inclusiva, un completo informe e unha guía metodolóxica e de orientacións.

SERRALVES, LABORATORIO DE IDEAS

Este proxecto oriéntase en conseguir o acceso dos diversos colectivos en risco de exclusión (persoas con discapacidade, colectivos migrantes, terceira idade, etc.) a todo tipo de actividades e recursos culturais como unha fonte de educación, tanto formal como non formal e informal. O equipo de traballo de ALLURE integra diferentes perspectivas, desde as institucións rexionais e locais ás industrias, empresas e pequenas iniciativas culturais, sen descoidar os esforzos no ámbito da investigación e desenvolvemento para minorar a fenda dixital e utilizar a tecnoloxía como un recurso privilexiado na innovación cultural para a cidadanía.

Nesta ocasión a Associação de Empresarios de Portugal (AEP), en colaboración co Museo Serralves de Porto, desenvolveron un programa de “Design Thinking”, un laboratorio de ideas e deseño de prototipos para mellorar a accesibilidade a espazos culturais. Este curso foi impartido polos integrantes do noso grupo Iñigo Cuiñas e Enrique Costa. Durante unha tarde, Serralves converteuse nun espazo de observación e experimentación. Mediante entrevistas, interactuación e recollida de datos, creouse unha base de datos de ideas e propostas que foron tratadas polos grupos de traballo, que xeraron 3 prototipos: dúas aplicacións telefónicas (unha como guía interactiva e personalizable, e outra para xerar información inclusiva para colectivos minorizados) e un prototipo de bancos de descanso que se converten tamén en puntos informativos e mesmo de espazo creativo para os nenos e nenas que visitan o museo.

INFORMACIÓN CULTURAL ACCESIBLE

ALLURE conta xa cunha ferramenta para que os organizadores de eventos ou programacións en espazos culturais poidan xerar información completa, sinxela e accesible para as persoas usuarias con distintos niveis de accesibilidade. Chamado CIMA (Cultural Information Made Accesible), a webapp pode utilizarse de balde no sitio web do proxecto (www.allureculture.eu/cima) e permite controlar todos os datos que se proporcionen sobre a actividade ou recurso cultural, traducido ademais a 7 idiomas e que conta con pictogramas, lectura sinxela, audiodescrición e moitos outros recursos.

Comparte tu aprecio
Manuel J. Fernández Iglesias
Manuel J. Fernández Iglesias

Ingeniero de Telecomunicación (1990) por la Universidad de Santiago de Compostela y Doctor Ingeniero de Telecomunicación (1997) por la Universidade de Vigo. Desde 1990 es profesor la Escuela de Ingenieros de Telecomunicación de Vigo. Tiene más de un centenar de publicaciones internacionales en el ámbito de las TIC, y participa regularmente en proyectos de investigación internacionales con empresas e instituciones del sector TIC, así como en proyectos internacionales de cooperación educativa. Entre 2005 y 2009 interrumpe esa dedicación para incorporarse a la administración gallega y al operador público gallego de telecomunicaciones Retegal S.A. Este nuevo reto le permite diseñar y dirigir el proceso de transición a la Televisión Digital Terrestre en Galicia, así como otros grandes proyectos en el campo de las infraestructuras de telecomunicación. Su actividad investigadora se centra en los servicios de telecomunicación, aplicando los resultados de su trabajo en campos como la educación, la atención a la dependencia, la recuperación de información, los sistemas de gestión de contenidos, o la representación de información multimedia. Su actividad docente se desarrolla de forma continuada en la EE de Ingenieros de Telecomunicación. Scopus ID: 6602607569; Researcher ID: I-1695-2013; Orcid: 0000-0003-4462-8724; LinkedIn

Artículos: 16